Un novo proceso de desconxelación garante a calidade da materia prima
 Fuente:  El Ideal Gallego  Fecha:   [26/08/02]
Cecopesca acaba de por en marcha o sistema

 
O Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de Pesca (Cecopesca) puxo en marcha recentemente un programa de desconxelación que garante a calidade das materias primas que se usan na elaboración de conservas. O sistema, denominado desconxelación continua, supón que o producto se desconxela de forma continuada nun corto espacio de tempo.
Hai que ter en conta que a maior parte da materia prima para a fabricación de conservas emprégase en estado conxelado e o proceso de desconxelación, que se realiza a temperatura ambente, pode afectar á calidade do pescado. O novo proceso de desconxelación básase na aplicación de auga e alta humedade relativa.

Cecopesca é o centro tecnolóxico propio ó servicio da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco). Actualmente, está recoñecido como laboratorio de referencia de Galicia para o control da calidade dos productos da pesca.

Nos seus últimos proxectos de investigación, Cecopesca contou con axudas do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

 
 Links más información: 
http://www.elidealgallego.com/...     

 

 




 


  La gestión de la innovación según la norma UNE 166.002:EX
  La carta de calidad de las Cantinas do Eume
  Los parque de atracciones y las ferias ya tienen norma de seguridad
  Normalización y áreas de juego: unidos para garantizar la seguridad de los más pequeños
  Marcas de garantía y distintivos de calidad, Galicia Calidade